Kulot, Daniela

Unha parella diferente / Daniela Kulot - 2ª ed. - Pontevedra : kalandraka , 2017 - 32 p. : il. col. ; 23x30 cm - Serie Crocodilo e Xirafa .

Tít. orix.: Ein kleines Krokodil mit ziemlich viel Gefhl

As diferenzas tenden a crear barreiras cando debería ser ao contrario: pontes cara á diversidade, á receptividade coas outras culturas e ao entendemento mutuo. Os demais poden ter aquilo do que nós carecemos e entre todos,
complementarnos... Unha reflexión en clave de humor e aventura moi necesaria para os tempos que corren.
Crocodilo e Xirafa namoráronse, construiron unha casa para os dous e emprenderon unha vida en común, que lamentablemente topou coaincomprensión dos seus respectivos semellantes. Senllas visitas ao Barrio Crocodileiro e ao Barrio Xirafero deixáronlles unha desagradableimpresión de como os demais valoraban a súa relación. Esta peculiar e entrañable parella padecía as miradas, as burlas e os murmurios dosseus conveciños, grandes e pequenos. E malia todo, sen importarlles as críticas alleas, os protagonistas non opensaron dúas veces cando un repentino percance puxo en perigo a unha familia. A altura de Xirafa e a habilidade de Crocodilo salvaronvidas e demostraron que a cooperación e a solidariedade son os alicerces da boa convivencia, por riba de calquera diferenza.

4º-5º-6º Educación Infantil 1º-2º Primaria

9788484642893


crocodilo
xirafa
Igualdade
Diversidade
Amor

82-N

Coa tecnoloxía Koha