Vigo, Ana

O rescate do unicornio / Ana Vigo - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2024 - 168 p. : il. cor ; 19 cm - Mundo Oculto ; 1 .

Se a Iria lle dixesen que ía ver un unicornio de verdade, non o crería; e se lle falasen dos seres mitolóxicos que estaba a piques de coñecer (olláparos, demos, xacias) pensaría que se burlaban dela. Por iso, cando atopa o unicornio Rixo e descobre que está en problemas, deberá aceptar que a realidade non é como imaxinaba e unir forzas con Tilo (outra humana que pode ver os seres ocultos) e con Xan (un diaño burleiro queixón) para tratar de salvar o animal, e a si mesma. Unha aventura inesquecible por lugares que todos cremos coñecer, pero que agochan maxia e seres fantásticos. Benvidas e benvidos ao Mundo Oculto!

5º-6º Primaria

9788411106467


Fantasía
Seres mitolóxicos
Unicornios

82-N

Coa tecnoloxía Koha